Subalterno
Inicio / Oposicións / Xunta de Galicia / SubalternoPreparación Oposicións Subalterno da Xunta de Galicia
Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación
Queres conseguir unha praza para traballar na Xunta de Galicia? En Excelentia Formación traballamos a diario para ofrecer unha ampla variedade de Cursos de preparación para Oposicións da Xunta de Galicia entre a que podemos destacar o plan de estudos para a preparación da oposición de Subalterno.
Na nosa Academia de Oposicións na Coruña ofrecemos todas as facilidades para que os nosos alumnos e alumnas consigan lograr as súas metas. Desta maneira os nosos profesores adaptarán as clases ás súas necesidades, horarios, frecuencia... Ademais, en Excelentia Formación ofrecemos a posibilidade de preparar as Oposicións de maneira presencial na nosa Academia ou a través dunha aula virtual.
Se queres conseguir a túa praza de Subalterno para a Xunta de Galicia non dubides en coñecer os requisitos solicitados e as funcións que desempeñarás unha vez que a consigas.
Funcións que desempeña un subalterno da Xunta de Galicia
Ao subalterno da Xunta de Galicia correspóndenlle as funcións de información sobre a localización de locais, custodia, control, mantemento básico de material, mobiliario e instalacións, transporte, utilización de máquinas reprodutoras, fotocopiadoras, clasificación e repartición de correspondencia, traslado de documentos e material, entrega de notificacións e, en xeral, outras relacionadas coas anteriores.
En caso de prestar servizos en centros educativos, correspóndelles ademais a atención ao alumnado en relación coas funcións propias do corpo subalterno.
Así mesmo, ao persoal funcionario do corpo subalterno pódeselle atribuír funcións de traslado de mobiliario, vixilancia de locais, control das persoas que acceden ás oficinas ou aos centros públicos e a vixilancia e garda de bens públicos, cando estas non estean expresamente atribuídas a postos de traballo doutros corpos ou escalas dos centros onde prestan servizos.
Requisitos para presentarte á oposición de subalterno da Xunta de Galicia
- Nacionalidade: Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles Estados aos que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.
- Idade: Cumprir os dezaseis anos e non exceder a idade mínima de xubilación forzosa.
- Capacitación: Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
- Habilitación: Non ser separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado/a para o desempeño de funcións públicas por sentenza firme. As persoas aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar non estar sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.
Posibilidade de formación en liña
Para adaptarnos ás necesidades de cada un dos nosos alumnos e alumnas desde Excelentia Formación ofrecemos a posibilidade de formación en liña.
Ofertamos prazas limitadas
Dispoñemos de prazas limitadas para preparar Oposicións da Xunta de Galicia na Coruña, para así ofrecer unha atención integral e personalizada a cada alumno.
Ampla flexibilidade horaria
Grazas a todas as facilidades horarias que ofrecemos desde o noso centro, poderás preparar Oposicións da Xunta de Galicia de maneira moito máis cómoda.
Dispoñibilidade de bolsas
Contamos con diferentes bolsas dispoñibles, grazas ás cales poderás conseguir a formación que desexas coas mellores facilidades económicas.
Tes dúbidas? Contacta con Excelentia Formación
Se queres máis información sobre a preparación de Oposicións na nosa Academia non dubides en poñerche en contacto connosco. Informarémoste sobre os nosos plans de estudo. Esperámoste!
¿Buscas empleo?
Envía o teu currículum e escribe unha breve descripción de ti, pondrémonos en contacto contigo.
Solicita información
Contáctanos para resolver calquer dúbida que teñas.
Marca as Oposicións nas que estás interesado/a:
Administración estatal
Xunta de Galicia
Sergas
Concellos e Deputacións
Corpos de seguridade
Universidades
Correos
Si non estás seguro/a de que é o que necesitas, non pasa nada, axudarémoste a elexir o que máis se adapte as tuas necesidades
EXCELENTIA FORMACION SL trata os seus datos co fin de xestionar a consulta, queixa, suxerencia e/o reclamación, baseándose no consentimento do interesado. Vostede pode exercer os seus dereitos en calquera momento, solicitándoo en RUA RIO MONELOS, 18 - BJ 15006 A Coruña (A Coruña). Consulte a información adicional e detallada na política de privacidade