Bombeiro Forestal
Inicio / Oposicións / Xunta de Galicia / Bombeiro ForestalPreparación Oposicións Bombeiro Forestal da Xunta
Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación
Gustaríache formar parte do corpo de bombeiros forestais da Xunta de Galicia?
Na nosa Academia de Oposicións na Coruña, Excelentia Formación preparamos Cursos de Oposicións para Bombeiro Forestal. Visítanos no noso e consulta aos nosos profesionais todas as túas dúbidas sobre os diferentes plans de estudos que deseñamos para ti.
Funcións que desempeña un Bombeiro Forestal
Un bombeiro forestal é unha persoa que participa na prevención, no control e na liquidación de incendios forestais, seguindo instrucións e traballando de maneira conxunta, segura e eficiente.
A súa misión é previr, controlar e apagar incendios, coa finalidade de evitar e diminuír as súas consecuencias.
Requisitos para presentarse ás Oposicións de Bombeiro Forestal da Xunta de Galicia
- Cumprir os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
- Ter a nacionalidade española, ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea, ser nacional dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadoras/res. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.
- Estar en posesión ou en condicións de obter a titulación de ESO ou equivalente. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, no seu caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación a quen obtivese o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao amparo das disposicións de dereito da Unión Europea.
- Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
- Non ser separado/a nin despedido/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada. No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ser sometido/á sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
- Estar en posesión ou en condicións de obter o permiso de conducir da clase B.
Posibilidade de formación en liña
Para adaptarnos ás necesidades de cada un dos nosos alumnos e alumnas desde Excelentia Formación ofrecemos a posibilidade de formación en liña.
Ofertamos prazas limitadas
Dispoñemos de prazas limitadas para preparar Oposicións da Xunta de Galicia na Coruña, para así ofrecer unha atención integral e personalizada a cada alumno.
Ampla flexibilidade horaria
Grazas a todas as facilidades horarias que ofrecemos desde o noso centro, poderás preparar Oposicións da Xunta de Galicia de maneira moito máis cómoda.
Dispoñibilidade de bolsas
Contamos con diferentes bolsas dispoñibles, grazas ás cales poderás conseguir a formación que desexas coas mellores facilidades económicas.
Coñece Excelentia Formación na Coruña
Se estás a buscar unha Academia de Oposicións na Coruña non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de profesionais. Asesorarémosche e aconsellarémosche de maneira totalmente personalizada e individualizada.
¿Buscas empleo?
Envía o teu currículum e escribe unha breve descripción de ti, pondrémonos en contacto contigo.
Solicita información
Contáctanos para resolver calquer dúbida que teñas.
Marca as Oposicións nas que estás interesado/a:
Administración estatal
Xunta de Galicia
Sergas
Concellos e Deputacións
Corpos de seguridade
Universidades
Correos
Si non estás seguro/a de que é o que necesitas, non pasa nada, axudarémoste a elexir o que máis se adapte as tuas necesidades
EXCELENTIA FORMACION SL trata os seus datos co fin de xestionar a consulta, queixa, suxerencia e/o reclamación, baseándose no consentimento do interesado. Vostede pode exercer os seus dereitos en calquera momento, solicitándoo en RUA RIO MONELOS, 18 - BJ 15006 A Coruña (A Coruña). Consulte a información adicional e detallada na política de privacidade