Auxiliar de clínica
Inicio / Cursos / Sanidade e infancia / Auxiliar de clínicaCurso de Auxiliar de Clínica na Coruña
Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación
O fortalecemento dos sistemas sanitarios tanto públicos como privados implica unha imperiosa necesidade de incorporar novos profesionais en todas as ramas, especialidades e categorías do ámbito sanitario.
No curso de auxiliar de clínica aprenderás todo o referente ao tratamento de documentación sanitaria, habilidades sociais con pacientes de clínicas, tarefas de xestión administrativa así como en primeiros auxilios.
Unha vez superados con éxito os módulos teóricos deste curso formativo terás a oportunidade de realizar prácticas nunha das clínicas colaboradoras coa nosa academia.
Grazas á formación e, sobre todo, ás prácticas laborais tras a finalización do curso contarás tanto cos estudos como coa destreza necesaria para levar a cabo todas as tarefas dun auxiliar de clínica.
Saídas profesionais do Curso de Auxiliar de Clínica:
- Auxiliar de clínica dental
- Auxiliar de clínica de rehabilitación e fisioterapia
- Auxiliar de clínica de medicina xeral e especialidades
Formación en liña
A asistencia presencial na nosa Academia de formación na Coruña non é a única alternativa. Agora podes gozar dos nosos Cursos Formativos en liña desde casa!
Límite de prazas
As prazas dos Cursos Formativos de Excelentia Formación na Coruña son limitadas, para así garantir unha correcta atención individualizada a cada estudante.
Flexibilidade horaria
Dispoñemos de grandes facilidades a nivel de horarios, cos cales non terás que ser ti quen se adapte aos Cursos Formativos, senón que nós adaptámonos a ti!
Oferta de bolsas
Na nosa Academia de formación na Coruña ofrecemos diferentes oportunidades en bolsas aos nosos estudantes, para levar a cabo a súa formación profesional.
Queres conseguir un emprego no sector da sanidade?
Se a resposta é si desde Excelentia Formación recomendámosche o curso de auxiliar de clínica que impartimos tanto de maneira presencial na nosa Academia na Coruña como de maneira en liña a través dunha aula virtual.
Os profesionais que formamos o equipo desta Academia contamos con experiencia no sector polo que podemos garantir a calidade do ensino que ofrecemos. Desde os nosos inicios o obxectivo principal de Excelentia Formación foi ofrecer aos nosos alumnos e alumnas novas ferramentas e a formación necesaria para lograr a estabilidade laboral que tanto buscan.
Os nosos profesores e asesores estarán ó teu lado en todo momento durante o curso para resolver calquera dúbida e asegurarse da túa formación.
En Excelentia Formación adaptámonos a ti
Una das características principais dos Cursos Formativos que impartimos na nosa Academia é que ofrecen cunha gran flexibilidade horaria. Isto quere dicir que podemos adaptar o curso ás necesidades dos diferentes alumnos xa que moitos deles, por exemplo, compaxinan este estudo cun traballo.
Ademais, para facilitar que o alumnado poida cursar estas formacións temos á súa disposición diferentes bolsas.
Se queres máis información sobre o curso de auxiliar de clínica ou sobre calquera outro que impartimos en Excelentia Formación non dubides en poñerche en contacto connosco. Estaremos encantados de poder axudarche!
Tes dúbidas? Contacta co equipo da nosa Academia de Oposicións e Cursos Formativos
Se queres máis información sobre as diferentes formacións que ofrecemos en Excelentia Formación ou gustaríache solicitar un asesoramento formativo personalizado, non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de profesionais.
¿Buscas empleo?
Envía o teu currículum e escribe unha breve descripción de ti, pondrémonos en contacto contigo.
Solicita información
Contáctanos para resolver calquer dúbida que teñas.
Marca os Cursos nos que estás interesado/a:
Deporte e estética
Decoración
Hostalería e alimentación
Empresa e oficios
Sanidade e infancia
Veterinaria
Si non estás seguro/a de que é o que necesitas, non pasa nada, axudarémoste a elexir o que máis se adapte as tuas necesidades
EXCELENTIA FORMACION SL trata os seus datos co fin de xestionar a consulta, queixa, suxerencia e/o reclamación, baseándose no consentimento do interesado. Vostede pode exercer os seus dereitos en calquera momento, solicitándoo en RUA RIO MONELOS, 18 - BJ 15006 A Coruña (A Coruña). Consulte a información adicional e detallada na política de privacidade