Preparador físico

Inicio / Cursos / Deporte e estética / Preparador físico

Curso de Preparador Físico na Coruña

Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación

Son cada vez máis as persoas que optan por un estilo de vida saudable incorporando á súa rutina de vida diaria actividades físicas tanto en ximnasios ou salas de adestramento como ao aire libre en montes, parques ou praias.

Agora grazas ao curso de Preparador Físico de Excelentia Formación podes convertir o teu estilo de vida nunha oportunidade de traballo axudando a que os demais poidan alcanzar os seus obxectivos.

Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación

No curso estudarás diferentes rutinas de exercicios para diferentes necesidades:

  • Subir ou baixar de peso
  • Gañar masa muscular
  • Conseguir unha maior definición
  • Mellorar en resistencia ou en velocidade
  • Confeccionar un plan de iniciación,

Ademais, ao estudar este curso formativo de Preparador Físico tamén aprenderás a dinamizar unha sala de exercicios dirixidos en grupo ou a levar a preparación física de equipos deportivos.

Unha vez finalizases o apartado teórico deste curso formativo de maneira satisfactoria terás a oportunidade de realizar prácticas en ximnasios ou en centros deportivos.

Anímaste a convertir a túa paixón polo deporte no teu emprego? Solicita información sobre este curso que impartimos en Excelentia Formación.

Saídas profesionais do Curso de Preparador Físico que ofrecemos en Excelentia Formación:

  • Monitor de aparellos de ximnasios
  • Preparador físico de equipos deportivos
  • Adestrador persoal
  • Coordinador de actividades dirixidas en salas de adestramento

Solicitar información

Horario Flexible

Horarios adaptados

En Excelentia Formación ofrecemos diferentes facilidades en horarios. Acomodamos o mellor posible os horarios ás necesidades e especificaciones que nos remitan os nosos alumnos.

Bolsas disponibles

Dispoñemos de bolsas

Ademais da formación profesional que recibirás na nosa Academia de formación na Coruña, en Excelentia Formación ofrecemos bolsas aos estudantes dos Cursos Formativos.

Prazas limitadas

Prazas limitadas

Todos os Cursos Formativos na Coruña contan cun número limitado de prazas, para así poder manter a atención personalizada que caracteriza a nosa Academia de formación.

Consegue a titulación de Preparador Físico con Excelentia Formación!

En Excelentia Formación axudámosche a alcanzar o futuro laboral co que sempre soñaches. Entre a variedade de Cursos Formativos que temos á túa disposición podemos destacar o de Preparador Físico que che formará e darache a experiencia para conseguir unirte ao equipo de monitores dun ximnasio ou, por exemplo, a convertirte nun adestrador persoal.

Os profesores e orientadores que formamos o equipo desta Academia de formación na Coruña contamos con experiencia no sector polo que podemos garantir a calidade do noso ensino.

Ademais, en todo momento, adaptamos os nosos Cursos e os horarios dos mesmos ás necesidades do noso alumnado. Por esta razón, para adaptarnos aos alumnos e alumnas, na actualidade ofrecemos os nosos Cursos Formativos tanto de maneira presencial nas instalacións da nosa Academia na Coruña como de forma en liña a través dunha plataforma e aula virtual.

Se queres máis información sobre este curso formativo de Preparador Físico ou sobre calquera outro que impartimos en Excelentia Formación non dubides en poñerte en contacto con nós. Estaremos encantados de poder solucionar todas e cada unha das túas dúbidas.

Contactar

Consigue a titulación do teu curso en Excelentia Formación

Tes dúbidas? Contacta co equipo da nosa Academia de Oposicións e Cursos Formativos

Se queres máis información sobre as diferentes formacións que ofrecemos en Excelentia Formación ou gustaríache solicitar un asesoramento formativo personalizado, non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de profesionais.

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.