Auxiliar do Fogar/ Coidador
Inicio / Oposicións / Xunta de Galicia / Auxiliar do Fogar/ CoidadorPreparación Oposicións Auxiliar do Fogar/ Coidador da Xunta
Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación
Queres conseguir a túa praza de Auxiliar do Fogar ou Coidador para A Xunta de Galicia? Se che gustaría conseguir unha praza fixa e aprobar a túa oposición non dubides en visitar a nosa Academia de Oposicións na Coruña, Excelentia Formación.
Ponte en contacto co noso equipo de profesores e orientadores e coñece o noso plan de estudos para preparar as Oposicións de Auxiliar ou Coidador da Xunta de Galicia.
Lembra que, na actualidade, ofrecémosche a posibilidade de preparar as Oposicións da Xunta de Galicia de maneira presencial na nosa Academia ou en liña a través dunha aula virtual.

Funcións que desempeña un Auxiliar do Fogar/ Coidador da Xunta de Galicia
Trátase de profesionais da saúde que teñen facultades para realizar servizos complementarios da asistencia sanitaria naqueles aspectos que non sexan da competencia do persoal sanitario titulado. A tales efectos, ateranse ás instrucións que reciban do citado persoal e baixo a súa orientación.
Requisitos para presentarte á oposición de Auxiliar do Fogar/ Coidador da Xunta de Galicia
- Nacionalidade:
- Ter a nacionalidade española.
- Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
- Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de traballadoras/é.
- Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.
- Titulación: titulación requerida, estar en posesión ou en condición de obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
- Capacidade funcional: non padecer enfermidades nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
- Habilitación: non ser separado/a nin despedido/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada. Non poderán participar no proceso selectivo as persoas que xa pertencen como persoal laboral fixo á categoría 003 do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia.
Posibilidade de formación en liña
Para adaptarnos ás necesidades de cada un dos nosos alumnos e alumnas desde Excelentia Formación ofrecemos a posibilidade de formación en liña.
Ofertamos prazas limitadas
Dispoñemos de prazas limitadas para preparar Oposicións da Xunta de Galicia na Coruña, para así ofrecer unha atención integral e personalizada a cada alumno.
Ampla flexibilidade horaria
Grazas a todas as facilidades horarias que ofrecemos desde o noso centro, poderás preparar Oposicións da Xunta de Galicia de maneira moito máis cómoda.
Dispoñibilidade de bolsas
Contamos con diferentes bolsas dispoñibles, grazas ás cales poderás conseguir a formación que desexas coas mellores facilidades económicas.
Coñece o plan de estudos de Excelentia Formación
Se queres máis información sobre o plan de estudos para a preparación de Oposicións para a Xunta de Galicia non dubides en poñerte en contacto co equipo de Excelentia Formación. Estaremos encantados de poder solucionar todas as túas dúbidas e axudarche a lograr todas as túas metas.

Tes dúbidas? Contacta co equipo da nosa Academia de Oposicións e Cursos Formativos
Se queres máis información sobre as diferentes formacións que ofrecemos en Excelentia Formación ou gustaríache solicitar un asesoramento formativo personalizado, non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de profesionais.
¿Buscas empleo?
Envía o teu currículum e escribe unha breve descripción de ti, pondrémonos en contacto contigo.
Solicita información
Contáctanos para resolver calquer dúbida que teñas.
Marca as Oposicións nas que estás interesado/a:
Administración estatal
Xunta de Galicia
Sergas
Concellos e Deputacións
Corpos de seguridade
Universidades
Correos
Si non estás seguro/a de que é o que necesitas, non pasa nada, axudarémoste a elexir o que máis se adapte as tuas necesidades
EXCELENTIA FORMACION SL trata os seus datos co fin de xestionar a consulta, queixa, suxerencia e/o reclamación, baseándose no consentimento do interesado. Vostede pode exercer os seus dereitos en calquera momento, solicitándoo en RUA RIO MONELOS, 18 - BJ 15006 A Coruña (A Coruña). Consulte a información adicional e detallada na política de privacidade