Chapa e pintura

Inicio / Cursos / Empresa e oficios / Chapa e pintura

Curso de Chapa e Pintura na Coruña

Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación

Se che gustan os coches, convírtete en experto en realizar operacións de mantemento, reparación e pintura na área de carrocería.

Ao longo do curso de Chapa e Pintura de Excelentia Formación aprenderás a verificar estruturas de vehículos deformados e a reparar carrocerías en bancada. Ademais, neste curso formativo coñecerás tamén diferentes técnicas de reparación de abolladuras e de pintado de vehículos.

O curso está dividido en dous apartados; o primeiro deles de tipo teórico e o segundo de tipo práctico levado a cabo en concesionarios e en talleres especializados. Á finalización do curso de chapa e pintura farase entrega dun certificado de prácticas e dun diploma acreditativo

Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación

Este curso axústase aos requisitos esixidos para os certificados de profesionalidade de operacións auxiliares de mantemento de carrocerías e de pintura de vehículos.

Saídas profesionais do Curso de Chapa e Pintura que impartimos en Excelentia Formación:

  • Concesionarios de automóbiles
  • Concesionarios de motocicletas
  • Talleres de carrocería
  • Pintor de vehículos, maquinaria agrícola e embarcacións
  • Tendas de recambios
  • Empresas de substitución de vidros

Solicitar información

Formación en liña

Cursos Formativos en liña

Ademáis dos Cursos Formativos na Coruña presenciales, ofrecemos formación en liña, con materiais específicos a través dun área virtual e asesoramento docente.

Prazas limitadas

Prazas limitadas

Os diferentes Cursos Formativos de Excelentia Formación contan cun límite de prazas, pensado para garantir en todo momento a atención personalizada a cada alumno.

Horario Flexible

Horarios flexibles

Tes problemas de horarios para asistir aos nosos Cursos Formativos? Iso non é problema! En Excelentia Formación contamos con horarios flexibles e que se adaptan a ti.

Bolsas dispoñibles

Bolsas dispoñibles

Poñemos ao dispor de todos os estudantes dos nosos Cursos Formativos na Coruña as diferentes bolsas de estudo. Podes informarte poñéndote en contacto con nós.

Únete aos nosos Cursos Formativos e consigue a estabilidade laboral que estás a buscar

Grazas á variedade de Cursos que ofrecemos en Excelentia Formación poderás atopar a formación que queres para conseguir a estabilidade laboral que necesitas.

Independentemente de cales sexan os teus gustos e as túas inquietudes na nosa Academia de formación na Coruña atoparás o curso formativo perfecto para ti. Entre os nosos Cursos poderás atopar diferentes áreas de formación: Decoración, deporte e estética, hostalería e alimentación, empresa e oficios, sanidade e infancia e veterinaria.

Se tes dúbidas ou che gustaría que un profesional te orientase para atopar o mellor camiño profesional non dubides en poñerche en contacto connosco. Estaremos encantados de resolver todas as cuestións que nos expoñan os nosos alumnos e/ou alumnas. Esperámoste!

Contactar

Consigue a titulación do teu curso en Excelentia Formación

Tes dúbidas? Contacta co equipo da nosa Academia de Oposicións e Cursos Formativos

Se queres máis información sobre as diferentes formacións que ofrecemos en Excelentia Formación ou gustaríache solicitar un asesoramento formativo personalizado, non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de profesionais.

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.