Auxiliar de biblioteca
Inicio / Oposicións / Concello e Deputacións / Auxiliar de bibliotecaPreparación de Auxiliar de Bibliotecas para Corporación Local
Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación
En Excelentia Formación na Coruña axudámosche a preparar as Oposicións de Auxiliar de Bibliotecas para algunha corporación local. Os profesionais que traballamos na nosa Academia de Oposicións ofrecemos un tratamento totalmente personalizado e individualizado para que cada alumno ou alumna alcance a súa praza.
Para garantir a calidade do noso ensino os profesores que formamos esta Academia contamos con experiencia e unha alta preparación. Ademais, ofrecemos a posibilidade de que o noso alumnado poida preparar as Oposicións de maneira presencial ou de maneira en liña a través da aula virtual.
Mostrámosche todos os requisitos que necesitas para presentarte as Oposicións de auxiliar de bibliotecas e as funcións que desempeñarás no teu día a día.
Funcións que desempeña un auxiliar de bibliotecas
Algunhas das funcións que desempeña un Auxiliar de Bibliotecas que forma parte dunha corporación local son:
- Atención aos usuarios
- Préstamos e devolucións de libros
- Tarefas de colocación
- Organización do material bibliográfico
- Manter a orde en salas
Requisitos para presentarte á oposición de auxiliar de bibliotecas
- Nacionalidade: posuír a nacionalidade española ou a dun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo e demais previstas na convocatoria.
- Idade: cumprir os dezaseis anos de idade e non exceder da idade de xubilación forzosa legalmente vixente.
- Titulación: estar en posesión, ou en condicións de obter, o Título de Graduado Escolar, Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional de primeiro grao ou equivalente.
- Capacidade: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas que lle impidan o desempeño das funcións e tarefas a desenvolver.
- Habilitación:
- Non ser separado/a nin despedido/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública.
- Non atoparse na situación de inhabilitación para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
Cursos en liña
Ademais da alternativa de preparar as túas Oposicións na Coruña a través do noso centro formativo, en Excelentia Formación ofrecemos a opción de preparar Oposicións en liña.
Límite de prazas
Os nosos Cursos de preparación de Oposicións para concellos na Coruña contan cun límite de prazas dispoñibles. Contacta agora e asegura a túa en Excelentia Formación!
Horarios adaptados
Dispoñemos dunha gran facilidade nos horarios dos nosos Cursos de Oposicións, grazas aos cales a preparación de Oposicións sexa unha actividade sumamente personalizada.
Contamos con bolsas
Outra das grandes facilidades que poderás gozar na nosa Academia de Oposicións na Coruña é o acceso a diferentes bolsas formativas, habilitadas para todos os alumnos do centro.
Fai do teu hobby o teu emprego: prepara as Oposicións de Auxiliar de Bibliotecas
Se amas a lectura e os libros, desde Excelentia Formación animámoste a que prepares as Oposicións de Auxiliar de Bibliotecas para unha Corporación Local. Adaptámonos ás túas necesidades e, por suposto, aos teus horarios.
Contamos cun plan de estudos para preparar Oposicións que pode ser presencial, na nosa Academia de Oposicións na Coruña ou en liña, a través dunha aula virtual.
Se necesitas máis información sobre as nosas clases ou che gustaría que os profesores ou orientadores que formamos o equipo de Excelentia Formación che axudemos a resolver as túas dúbidas, podes poñerte en contacto connosco ou visitarnos nas nosas instalacións. Estaremos encantados de axudarche!
Tes dúbidas? Contacta co equipo da nosa Academia de Oposicións e Cursos Formativos
Se queres máis información sobre as diferentes formacións que ofrecemos en Excelentia Formación ou gustaríache solicitar un asesoramento formativo personalizado, non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de profesionais.
¿Buscas empleo?
Envía o teu currículum e escribe unha breve descripción de ti, pondrémonos en contacto contigo.
Solicita información
Contáctanos para resolver calquer dúbida que teñas.
Marca as Oposicións nas que estás interesado/a:
Administración estatal
Xunta de Galicia
Sergas
Concellos e Deputacións
Corpos de seguridade
Universidades
Correos
Si non estás seguro/a de que é o que necesitas, non pasa nada, axudarémoste a elexir o que máis se adapte as tuas necesidades
EXCELENTIA FORMACION SL trata os seus datos co fin de xestionar a consulta, queixa, suxerencia e/o reclamación, baseándose no consentimento do interesado. Vostede pode exercer os seus dereitos en calquera momento, solicitándoo en RUA RIO MONELOS, 18 - BJ 15006 A Coruña (A Coruña). Consulte a información adicional e detallada na política de privacidade