Celador

Inicio / Oposicións / SERGAS / Celador

Preparación Oposicións Celador do SERGAS

Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación

Sempre quixeches formar parte do persoal do SERGAS? Desde Excelentia Formación animámosche e axudámosche a preparar as Oposicións para conseguir a túa praza como celador no Servizo Galego de Saúde. Desenvolvemos diferentes plans de estudo para axudarche na preparación de Oposicións. Sexa cales sexan as túas metas, axudarémosche a alcanzalas.

Grazas a experiencia como Academia de Oposicións na Coruña, en Excelentia Formación, adaptámonos ás necesidades e esixencias de cada alumno ou alumna, mesmo aos seus horarios ofrecendo gran flexibilidade e mesmo formación en liña a través da nosa aula virtual.

Se estás interesado en presentarte ás Oposicións e conseguir a túa praza de celador no SERGAS informámosche dos requisitos mínimos para acceder a ela e, ademais, as funcións básicas deste persoal.

Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación

Funcións que desempeña un celador do SERGAS

Moitas das persoas interesadas na preparación de Oposicións de celador para o SERGAS descoñecen moitas das funcións que se desenvolven neste emprego. Dentro de todas elas desde Excelentia Formación podemos destacar:

  • Vixilancia e garda de visitantes e das zonas hospitalarias
  • Axuda ao traslado dos usuarios, do mobiliario e aveños
  • Información aos visitantes

Requisitos para presentarte á oposición de celador do SERGAS

  • Nacionalidade: posuír a nacionalidade española ou a dun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo.
  • Idade: cumprir os dezaseis anos de idade e non exceder da idade de xubilación forzosa legalmente vixente.
  • Titulación: estar en posesión do Certificado de escolaridade ou equivalente.
  • Capacidade: posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que se deriven do correspondente nomeamento
  • Habilitación:
    • Non ser separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria
    • Non estar inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, no seu caso, para a correspondente profesión. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal estatutario fixo da mesma categoría.
  • Protección xurídica do menor: non ser condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, de conformidade coa previsión contida no artigo 13 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.
  • Taxas: abonar as taxas por dereito de exame, no seu caso.

Consultar información

Formación en liña

Posibilidade de formación en liña

Para adaptarnos as necesidades de cada un dos nosos alumnos e alumnas dende Excelentia Formación ofrecemos a posibilidade de formación en liña.

Prazas limitadas

Límite de prazas

As clases de preparación de Oposicións que che ofrecemos en Excelentia Formación contan con prazas limitadas para garantir a mellor atención aos alumnos.

Horario Flexible

Facilidade horaria

Adaptamos os nosos horarios ás necesidades que se che presenten, para que isto non sexa un condicionamento á preparación das túas Oposicións.

Bolsas disponibles

Bolsas dispoñibles

Ademais das facilidades a nivel formativo que ofrecemos na nosa Academia de Oposicións na Coruña, dispoñemos de diferentes alternativas en bolsas.

Consegue a túa praza de celador no SERGAS!

Se queres conseguir a túa praza de celador no SERGAS non dubides en poñerte en contacto co equipo de Excelentia Formación. Axudámosche a preparar as Oposicións para que atopes a estabilidade laboral que buscas.

Se tes dúbidas sobre o noso plan de estudo podes poñerte en contacto co equipo de profesores e orientadores que forman esta Academia de Oposicións na Coruña.

Contactar

Prepara Oposiciones para el SERGAS en Excelentia Formación, A Coruña.

Tes dúbidas? Contacta co equipo da nosa Academia de Oposicións e Cursos Formativos

Se queres máis información sobre as diferentes formacións que ofrecemos en Excelentia Formación ou gustaríache solicitar un asesoramento formativo personalizado, non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de profesionais.

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.