Auxiliar administrativo
Inicio / Oposicións / Xunta de Galicia / Auxiliar administrativoPreparación Oposicións de Auxiliar Administrativo para a Xunta
Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación
En Excelentia Formación creamos dentro da nosa oferta de preparación de Oposicións un plan de estudos específico para preparar a oposición de auxiliar administrativo para a Xunta de Galicia. Grazas ao método de formación co que traballamos na nosa Academia de Oposicións na Coruña e á gran experiencia de todos os nosos profesores podemos certificar a calidade de cada un dos Cursos Formativos que ofrecemos.
Desde Excelentia Formación indicámosche as funcións do día a día dun auxiliar administrativo da Xunta de Galicia e os requisitos mínimos para acceder á praza.

Funcións que desempeña un auxiliar administrativo para a Xunta de Galicia
Como Auxiliar administrativo na Xunta de Galicia realizarás diferentes tarefas entre as que podemos diferenciar:
- Atención á público
- Tramitación de expedientes
- Mecanografado de documentos
- Tarefas de cálculo
- Traballos de carácter administrativo
Requisitos para presentarte a oposición de auxiliar administrativo para a Xunta de Galicia
- Nacionalidade: posuír a nacionalidade española ou a dun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo.
- Idade: cumprir os dezaseis anos de idade e non exceder da idade de xubilación forzosa legalmente vixente.
- Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
- Capacidade: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas (As persoas aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacidade, terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.)
- Habilitación:
- Non ser separado/a nin despedido/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas.
- Non atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.
- Non poderán participar no proceso selectivo as persoas que xa pertencen ao corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma.
Posibilidade de formación en liña
Para adaptarnos ás necesidades de cada un dos nosos alumnos e alumnas desde Excelentia Formación ofrecemos a posibilidade de formación en liña.
Ofertamos prazas limitadas
Dispoñemos de prazas limitadas para preparar Oposicións da Xunta de Galicia na Coruña, para así ofrecer unha atención integral e personalizada a cada alumno.
Ampla flexibilidade horaria
Grazas a todas as facilidades horarias que ofrecemos desde o noso centro, poderás preparar Oposicións da Xunta de Galicia de maneira moito máis cómoda.
Dispoñibilidade de bolsas
Contamos con diferentes bolsas dispoñibles, grazas ás cales poderás conseguir a formación que desexas coas mellores facilidades económicas.
Queres conseguir a túa praza de Auxiliar Administrativo para a Xunta de Galicia?
Se queres asegurar o teu futuro laboral este é o momento. Ponte en contacto co equipo de Excelentia Formación, a túa Academia de Oposicións na Coruña, e solicita información sobre os plans de estudos para a preparación de Oposicións. Dentro de todos os plans de estudos podemos destacar, por exemplo, a preparación das Oposicións de auxiliar administrativo para a Xunta de Galicia.
Se queres conseguir a túa praza non dubides en unirche ao noso plan de estudos. Se tes dúbidas sobre os nosos plans de estudo pide asesoramento ao noso equipo de profesores e orientadores.

Tes dúbidas? Contacta co equipo da nosa Academia de Oposicións e Cursos Formativos
Se queres máis información sobre as diferentes formacións que ofrecemos en Excelentia Formación ou gustaríache solicitar un asesoramento formativo personalizado, non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de profesionais.
¿Buscas empleo?
Envía o teu currículum e escribe unha breve descripción de ti, pondrémonos en contacto contigo.
Solicita información
Contáctanos para resolver calquer dúbida que teñas.
Marca as Oposicións nas que estás interesado/a:
Administración estatal
Xunta de Galicia
Sergas
Concellos e Deputacións
Corpos de seguridade
Universidades
Correos
Si non estás seguro/a de que é o que necesitas, non pasa nada, axudarémoste a elexir o que máis se adapte as tuas necesidades
EXCELENTIA FORMACION SL trata os seus datos co fin de xestionar a consulta, queixa, suxerencia e/o reclamación, baseándose no consentimento do interesado. Vostede pode exercer os seus dereitos en calquera momento, solicitándoo en RUA RIO MONELOS, 18 - BJ 15006 A Coruña (A Coruña). Consulte a información adicional e detallada na política de privacidade