Fontanería, calefacción e climatización

Inicio / Cursos / Empresa e oficios / Fontanería, calefacción e climatización

Curso de Fontanería, Calefacción e Climatización

Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación

Este curso de Fontanería, Calefacción e Climatización está adaptado ao itinerario do certificado de profesionalidade de operacións de fontanería e calefacción-climatización doméstica.

As competencias xerais dun profesional do sector consisten na instalación de tubaxes cortando e unindo tubos de diferentes tipos de materiais segundo o tipo de instalación, así como a montaxe de aparellos sanitarios, radiadores e aparellos de climatización de uso doméstico coas adecuadas normas de calidade e seguridade.

Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación

Unha vez finalizado o curso formativo terás adquirido as competencias para traballar en empresas de fontanería instalando e reparando radiadores, aparellos sanitarios e sistemas de climatización doméstica.

Saídas profesionais do Curso de Fontanería, Calefacción e Climatización:

  • Fontaneiro instalador-mantedor
  • Fontaneiros
  • Instaladores de tubaxes
  • Mantedor de calefacción
  • Mantedor de climatización
  • Instalador mantedor de redes de rega e fontes decorativas
  • Instalador mantedor de redes contra incendios

Solicitar información

Formación en liña

Cursos Formativos en liña

Ademáis dos Cursos Formativos na Coruña presenciales, ofrecemos formación en liña, con materiais específicos a través dun área virtual e asesoramento docente.

Prazas limitadas

Prazas limitadas

Os diferentes Cursos Formativos de Excelentia Formación contan cun límite de prazas, pensado para garantir en todo momento a atención personalizada a cada alumno.

Horario Flexible

Horarios flexibles

Tes problemas de horarios para asistir aos nosos Cursos Formativos? Iso non é problema! En Excelentia Formación contamos con horarios flexibles e que se adaptan a ti.

Bolsas dispoñibles

Bolsas dispoñibles

Poñemos ao dispor de todos os estudantes dos nosos Cursos Formativos na Coruña as diferentes bolsas de estudo. Podes informarte poñéndote en contacto con nós.

Queres formarte como fontaneiro? Contacta con Excelentia Formación!

Dentro da ampla variedade de Cursos Formativos que ofrecemos na nosa Academia na Coruña destacamos, tanto polas súas saídas laborais como pola ampla solicitude que existe entre o noso alumnado, o curso de fontanería, calefacción e climatización.

Se tes dúbidas sobre a parte teórica ou práctica deste curso ou te gustaría coñecer a ampla variedade de Cursos Formativos que che ofrecemos en Excelentia Formación non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de profesionais.

Lembra que, grazas a nosa gran experiencia no sector, axudarémosche a atopar a estabilidade laboral coa que sempre soñaches. Esperámoste!

Contactar

Consigue a titulación do teu curso en Excelentia Formación

Tes dúbidas? Contacta co equipo da nosa Academia de Oposicións e Cursos Formativos

Se queres máis información sobre as diferentes formacións que ofrecemos en Excelentia Formación ou gustaríache solicitar un asesoramento formativo personalizado, non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de profesionais.

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.