26 Feb Listas da Xunta de Galicia abertas 26/02/2021 Oposicións Ola, Publícase a Resolución pola que se abren certos corpos e escalas. Aquí tedes algúns deles por se fosen do voso interese. O prazo para presentar a instancia permanecerá aberto dende o 1 de marzo ata o 30 de abril de 2021. Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210226/AnuncioG0597-160221-0004_gl.html Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto connosco. Ler máis
24 Feb Exames convocados: Xunta de Galicia 24/02/2021 Oposicións Ola, Seguen publicando datas provisionais para os procesos de selección da Xunta. Por exemplo, convocase para o 21 de marzo o Corpo Superior (grupo A1) ou o Corpo de Xestión do 27 de marzo (grupo A2), entre outros. A súa celebración conta coa autorización provisional de Saúde Pública que deberá ser confirmada pola autoridade sanitaria, en función da evolución epidemiolóxica da pandemia. A confirmación será solicitada polo DXFP 10 días antes da súa celebración. Unha semana antes da celebración... Ler máis
22 Feb COÑECES A DIFERENZA ENTRE UNHA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO E UNHA CONVOCATORIA? 22/02/2021 Oposicións Sodes moitos os que nos preguntades esta diferenza. Hoxe queremos presentar estes termos para aclarar as vosas dúbidas: OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO: instrumento empregado pola Administración Pública para indicar aqueles postos vacantes que se cubrirán mediante un proceso selectivo. A Administración Pública terá 3 anos improrrogables para convocar os mesmos. CONVOCATORIA: instrumento polo que se publican as bases reguladoras dun procedemento selectivo. Coa convocatoria comeza o prazo para prese... Ler máis
19 Feb Protocolos de actuación nos procesos selectivos da Xunta de Galicia 19/02/2021 Oposicións Apróbase o Protocolo de Adaptación á nova situación orixinada pola pandemia covid-19 para a celebración das probas dos procesos selectivos derivados das Ofertas de Emprego Público da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Deixámosvos por aquí o índice e axuntámosvos o documento. 1. Finalidade e destinatarios.2. Organización loxística.3. Normas básicas de desenvolvemento das probas.4. Recomendacións e medidas preventivas para a protección da saúde na celebración dosexercicios do p... Ler máis
18 Feb A Xunta retomará os exames de oposicións en marzo 18/02/2021 Oposicións Hoxe publícase a reanudación dos procesos de selección da Xunta. Estes comezarán a partir do 14 de marzo co grupo A2 de Fisioterapia que terá lugar en Silleda. Achegamos a nota informativa ¡Ánimo co estudo! Ler máis
8 Feb Apertura da Bolsa de Correos 08/02/2021 Oposicións Bos días, hoxe comeza o prazo para inscribirse na bolsa de Correos. Deixámosvos aquí a ligazón das bases: https://cswetwebcorsta01.blob.core.windows.net/uploads/2021/02/Convocatoria-Bolsas-de-Empleo-08022021.pdf Podedes enviar a solicitude na páxina de Correos: https://www.correos.com/personas-y-talento/ Chamádenos se tedes calquera dúbida. Saúdos Ler máis