Información e noticias sobre os Cursos Formativos da nosa Academia en A Coruña - Páxina 14

Mostramos toda a información e noticias relativa a os Cursos Formativos e Cursos de preparación de Oposicions que impartimos na nosa Academia formativa en A Coruña.

CONVOCATORIA AUXILIAR DE BIBLIOTECAS XUNTA DE GALICIA 22 Nov

CONVOCATORIA AUXILIAR DE BIBLIOTECAS XUNTA DE GALICIA

22/11/2023 Oposicións

Onte publicouse a convocatoria para a provisión de 15 prazas polo sistema de oposición , de Auxiliar de Biblioteca (C2) da Xunta de Galicia, das que 2 están reservadas para a quenda de discapacidade . Ademais, tamén se reservarán 4 para promoción interna . De non estar cubertas estas últimas, incorporaranse á quenda libre. O prazo de solicitudes comeza hoxe e dura ata 20 días hábiles , e remata o 21 de decembro de 2023 . Para presentar as solicitudes pódese facer dende FIDES XUNTA Para máis ...

Ler máis

PUBLICADAS PLANTILLAS PROVISIONAIS P.S.X. SERGAS 8 Nov

PUBLICADAS PLANTILLAS PROVISIONAIS P.S.X. SERGAS

08/11/2023 Oposicións

Na páxina web do Sergas publicáronse as plantillas provisionais correspondentes aos exercicios realizados este sábado en Silleda na categoría de Persoal de Servizos Xerais. Deixámosvos aquí o enlace para consultalos. O prazo de reclamacións será do 7 ao 13 de novembro de 2023.

Ler máis

1 PRAZA ADMINISTRATIVO DO CONCELLO DE RÁBADE (LUGO) 8 Nov

1 PRAZA ADMINISTRATIVO DO CONCELLO DE RÁBADE (LUGO)

08/11/2023 Oposicións

Comeza o prazo de inscrición no proceso selectivo de oposición libre para 1 praza de Administrativo/a no Concello de Rábade (Lugo). Podes consultar as bases específicas da convocatoria nesta ligazón O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da resolución no BOE. Para máis información deixámosvos os enlaces ao DOGA e ao BOE

Ler máis

Publicada a data do 2º exame de Auxiliar de Bibliotecas da USC 7 Nov

Publicada a data do 2º exame de Auxiliar de Bibliotecas da USC

07/11/2023 Oposicións

Publicouse a data do segundo exercicio do proceso de Auxiliar de Bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela. Será o día 2 de decembro de 2023, ás 9:30 horas , na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da mesma universidade. Para máis información, deixámosvos a ligazón á páxina do proceso: https://www.usc.gal/es/institucional/gobierno/area/gestionpersoal/PAS/oep/listado/escala-auxiliar-archivos-bibliotecas-museos-2022

Ler máis