Oficial II de Cociña

Inicio / Oposicións / Xunta de Galicia / Oficial II de Cociña

Preparación Oposicións de Oficial II de Cociña da Xunta

Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación

Se estás interesado en formar parte dos empregados da Xunta de Galicia en Excelentia Formación preparamos uns plans de estudo para a preparación de oposicións. Dentro deles contamos cun plan específico para a preparación da oposición de Oficial II de Cociña que cada ano publica a Xunta.

Na nosa academia de oposicións na Coruña traballamos sempre de maneira personalizada e individualizada para adaptarnos ás necesidades dos nosos alumnos e alumnas. Desta maneira, por exemplo, ofrecemos horarios moi diversos para que o noso alumnado poida compatibilizar as clases con outros cursos ou, por exemplo, cun traballo. Da mesma maneira, en Excelentia Formación tamén contamos coa posibilidade de ofrecer a nosa formación de oposicións tanto de forma presencial como en liña.

Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación

Funcións que desempeña un Oficial II de Cociña da Xunta de Galicia

Entre as tarefas do posto de Oficial II de Cociña da Xunta de Galicia podemos diferenciar:

  • Elaboración de pratos.
  • Tarefas de apoio na cociña.
  • Tarefas de apoio no servizo de comedor.
  • Labores de limpeza de utensilios e instalacións.

Requisitos para presentarte á oposición Oficial II de Cociña da Xunta de Galicia

  • Nacionalidade: Posuír a nacionalidade española ou a dun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo ou nacional dalgún Estado, ao que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Idade: Cumprir os dezaseis anos de idade e non exceder da idade de xubilación forzosa legalmente vixente.
  • Titulación:
    • Técnico de cociña ou equivalente.
    • Técnico superior de restauración ou equivalente.
    • Graduado en ESO, técnico (ciclo formativo grao medio) ou equivalentes e dous anos de experiencia na categoría na Administración pública.
  • Capacidade: Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
  • Habilitación:
    • - Non ser separado/a nin despedido/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas.
    • - Non atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

Consultar información

Formación en liña

Posibilidade de formación en liña

Para adaptarnos ás necesidades de cada un dos nosos alumnos e alumnas desde Excelentia Formación ofrecemos a posibilidade de formación en liña.

Prazas limitadas

Ofertamos prazas limitadas

Dispoñemos de prazas limitadas para preparar Oposicións da Xunta de Galicia na Coruña, para así ofrecer unha atención integral e personalizada a cada alumno.

Horario Flexible

Ampla flexibilidade horaria

Grazas a todas as facilidades horarias que ofrecemos desde o noso centro, poderás preparar Oposicións da Xunta de Galicia de maneira moito máis cómoda.

Bolsas disponibles

Dispoñibilidade de bolsas

Contamos con diferentes bolsas dispoñibles, grazas ás cales poderás conseguir a formación que desexas coas mellores facilidades económicas.

Gústache a cociña? Consegue a túa praza de Oficial II de Cociña da Xunta de Galicia!

Se queres converter o teu amor pola cociña no teu emprego fixo non dubides en poñerte en contacto co equipo de Excelentia Formación e solicitar información sobre os plans de estudos para preparar oposicións de Oficial II de Cociña.

Lembra que na nosa academia de oposicións na Coruña ofrecémosche a posibilidade de preparar as túas oposicións de maneira presencial nas nosas instalacións ou en liña a través da nosa aula virtual.

Contactar

Oposicións Oficial II de Cociña Xunta de Galicia

Tes dúbidas? Contacta co equipo da nosa Academia de Oposicións e Cursos Formativos

Se queres máis información sobre as diferentes formacións que ofrecemos en Excelentia Formación ou gustaríache solicitar un asesoramento formativo personalizado, non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de profesionais.

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.