Novas

Inicio / Novas

Temas

información

23/04/2020 · cursos

Boas tardes estudantes,

Dende o equipo de Excelentia Formación queremos enviarlle unha mensaxe de ánimo. Xa queda pouco!

Pola nosa banda, en referencia aos cursos estamos a traballar en teletraballo e esperamos poder adoptar a normalidade en breve, cando as autoridades nolo permitan. Mentres tanto, queremos retomar os cursos na medida en que sexa posible a titoría en liña. Poñerémonos en contacto contigo progresivamente.

En canto ás oposicións, como xa sabedes, continuamos coa formación en liña a través de videochamadas, mensaxes e campus. Segue o estudo!

Ademais de facer a corentena máis agradable, queremos poñer a disposición de todos algunhas pautas de orientación laboral, que pode ter en conta para unha maior empregabilidade ou progresividade laboral. Estade atentos á nosa páxina durante os próximos días.

Un saúdo a todos!

Compárteo!

Tes dúbidas? Contacta co equipo da nosa Academia de Oposicións e Cursos Formativos

Se queres máis información sobre as diferentes formacións que ofrecemos en Excelentia Formación ou gustaríache solicitar un asesoramento formativo personalizado, non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de profesionais.