Deputación da Coruña: varias prazas

Publicado: 15 de abril de 2021, 10:47
  1. Oposicións
Deputación da Coruña: varias prazas

Bos días,

hoxe publícase no BOE resolución referente a varias prazas da Deputación da Coruña:

  • Unha praza de técnico de administración xeral, pertencente á escala de administración xeral, subescala técnica, polo sistema de oposición, por quenda libre.
  • Tres prazas de técnico de xestión de administración xeral, pertencentes á escala de administración xeral, subescala de xestión, polo sistema de concurso-oposición, por quenda libre.
  • Dez prazas de Administración xeral administrativa, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala administrativa, polo sistema de oposición, pola quenda libre, con reserva dalgunha das prazas para persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Dúas prazas de auxiliar administrativo de administración xeral, pertencentes á escala de administración xeral, subescala auxiliar, polo sistema de oposición, por quenda libre.
  • Tres prazas subalternas, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala subalterna, polo sistema de concurso-oposición, por quenda libre, con reserva dunha das prazas para persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Doce prazas de Educador infantil, pertencentes á escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, polo sistema de concurso-oposición, por quenda libre.
  • Unha praza de auxiliar técnico de estradas e obras, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, polo sistema de concurso-oposición, por quenda libre.
  • Unha praza de celador, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de deberes especiais, polo sistema de concurso-oposición, por quenda libre.

O prazo para presentar a instancia comeza mañá e remata o 5de maio.

Bases xerais: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/01/22/2021_0000000321.pdf

Bases específicas: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/03/12/2021_0000001909.pdf

Noticias relacionadas

Oposicións de Auxiliar Administrativo Ferrol 2026: 5 prazas (BOE) 1 Out

Oposicións de Auxiliar Administrativo Ferrol 2026: 5 prazas (BOE)

01/10/2026 Oposicións
Excelente oportunidade para conseguir un emprego no sector público na provincia da Coruña! Hoxe, 1 de outubro de 2026 , o Boletín Oficial do Estado ( BOE núm. 243 ) publicou a resolución oficial para a cobertura de 5 prazas de Auxiliar Administrativo no Concello de Ferrol . Se estás a buscar
Cuestionarios e modelos de respostas C1 e C2 da Xunta de Galicia do 20 de setembro 24 Set

Cuestionarios e modelos de respostas C1 e C2 da Xunta de Galicia do 20 de setembro

24/09/2026 Oposicións
Publicáronse xa os cuestionarios e os modelos de respostas provisionais para os primeiros exercicios dos órganos Administrativo (C1) e Auxiliar (C2) da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Os exames para estes procesos de selección celebráronse o 20 de setembro e os candidatos
CONVOCATORIA DEPUTACIÓN DE OURENSE 11 Mai

CONVOCATORIA DEPUTACIÓN DE OURENSE

11/05/2026 Oposicións
Publicouse a convocatoria para a provisión, mediante turno libre e promoción interna, dun número aceptable de prazas para a Deputación Provincial de Ourense. Destacamos as seguintes: - Seis prazas de Administrativo/a da administración xeral, pertencentes á escala de Administración Xeral,
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO XUNTA 2026 8 Mai

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO XUNTA 2026

08/05/2026 Oposicións
A Oferta de Emprego Público para prazas da Xunta de Galicia foi publicada hoxe no DOGA (Diario Oficial de Galicia), que podes consultar na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260508/AnuncioG0597-040526-0004_es.html   Destacamos os seguintes postos, con formación na nosa