O Ministerio de Cultura publicou no Boletín Oficial do Estado (BOE) a convocatoria de 86 prazas vacantes na Escala Auxiliar de Arquivos, Bibliotecas e Museos: 30 en Arquivos, 39 en Bibliotecas e 17 en Museos. Requírese o título de bacharelato ou formación profesional e a oposición consiste nunha única proba de tipo test. Pódese matricularse ata o 22 de decembro. Ademais, ofértanse 79 prazas por promoción interna.
Consulta todos os detalles nesta ligazón e non perdas o prazo!